EVA MOREDA
Eva Moreda naceu na Veiga en 1981. É licenciada en Filoloxía Clásica e Musicoloxía. Viviu en Ribadeo, Santiago de Compostela, Italia, Alemaña e na actualidade vive en Londres. En 2003 publicou O demo e o profundo mar azul.
Unha das últimas actividades nas que participou relacionada coa cultura galega foi a presentación de 55 mentiras sobre a lingua galega de Prolingua.
O seu blogue Seitura reflexiona sobre música, feminismo ou lingua.